Hoxe recibín un sinal moi estraño.
Ao principio só se escoitaba un ruído feble, coma se chegase dende moi, moi lonxe. Pero, despois de revisar varias veces a mensaxe, conseguín entender unha parte importante: as músicas que enviamos polo universo chegaron ao seu destino.
Iso significa que alguén as recibiu.
E non só iso. Di que enviaron á caixa unha tarxeta musical que non estaba antes. Parece unha tarxeta especial, preparada para abrir unha primeira comunicación cun planeta lonxano. Pero hai un problema: a tarxeta chegou incompleta. Fáltanlle catro notas, e sen elas a caixa non poderá recibir a mensaxe.
Para resolver este enigma necesitaremos traballar en equipo cos maiores de primaria. Entre todos debedes atopar na aula de música as catro notas agochadas seguindo as pistas do sinal. Despois, o alumnado de quinto curso perforará na tarxeta cada unha das notas recuperadas.
Cando a tarxeta estea lista, a máis pequena de Primaria introduciraa na caixa e faraa xirar. Se todo sae ben, a caixa activará a comunicación e poderemos descubrir quen nos está chamando dende tan lonxe.
Outra cousa que di, é que a música que necesitades escribir na tarxeta sae nunha película moi antiga chamada "Encontros na terceira fase", os humanos usaban esa música para comunicarse cos extraterrestres. É a deste vídeo:
Hai unha boa noticia, xunto coa nota apareceron catro pistas! Organizádeos en grupos para atopar as notas! Ánimo!
Se atopades as catro notas, quizais a caixa esperte.
E se a caixa esperta… talvez escoitemos por fin a voz que leva tanto tempo viaxando polo universo.