Moi boas amiguiños, sei que fai tempo que non sabedes nada de min, pero sigo detectando sinais que veñen do espazo e intentan hackearnos. Non vos preocupedes, moi pronto estará solucionado e saberemos quen está detrás disto. Pero agora é tempo de desfrutar coas festas de nadal, que vos pareceron os vosos novos amiguiños de Gales? A que son encantadores? Creo que nos poden axudar na nosa misión, pero xa vos direi como.
Moito ánimo co festival, eu sei que ides triunfar, pero seguro que aínda tedes que ensaiar un pouco máis. Dadelle duro!
Seguiremos en contacto en 2026, felices festas e que teñades moi bo cambio de ano!