martes, 18 de xuño de 2024

Xa case está

Ola amiguiños e amiguiñas, o outro día mandeivos os cuestionarios finais a fotocopiadora para ver se xa aprendestes o que necesitabades saber, saín tan disparado para ver se conseguistes evitar o incendio de sexta xeración da miña época e estaba tan contento vendo menos montes queimados, que esquecín escribirvos.
O certo é que a cousa xa está moito mellor co que sabedes agora! Pero desgraciadamente aínda non está todo feito, ocúrresevos algo que poidades facer aínda?
Mmmm... non o sei, pero quizais a música vos poda axudar, pensade algo!