venres, 24 de maio de 2024

Comeza a misión final

 Bos días, neniños e neniñas, comeza a misión final, xa tedes ganas? Conseguín averiguar algo moi importante, para mellorar o futuro é moi importante coñecer o pasado. Por iso, para aprender o que necesitamos, teño que ver o que sabedes agora, así que vou enviar á fotocopiadora uns cuestionarios para imprimir.

Tamén enviarei unhas entrevistas para que fagades ós vosos avós ou a persoas anciás que vivan cerca, eles axudaranvos a saber como se vivía no pasado no Courel.

E por último, necesitaremos que nos axuden os maiores de primaria, pedídelles axuda!

Saúdos e volveredes a saber de min moi cedo.