venres, 24 de maio de 2024

Comeza a misión final

 Bos días, neniños e neniñas, comeza a misión final, xa tedes ganas? Conseguín averiguar algo moi importante, para mellorar o futuro é moi importante coñecer o pasado. Por iso, para aprender o que necesitamos, teño que ver o que sabedes agora, así que vou enviar á fotocopiadora uns cuestionarios para imprimir.

Tamén enviarei unhas entrevistas para que fagades ós vosos avós ou a persoas anciás que vivan cerca, eles axudaranvos a saber como se vivía no pasado no Courel.

E por último, necesitaremos que nos axuden os maiores de primaria, pedídelles axuda!

Saúdos e volveredes a saber de min moi cedo.

mércores, 15 de maio de 2024

Letras galegas

Ánimo coa actuación de hoxe, ides triunfar. Seino porque atopei un vídeo do festival.
E aproveitade os días de vacacións para cargar as pilas, porque cando volvades vouvos encargar unha misión moi importante. 😁

mércores, 8 de maio de 2024

Despertando de novo

Gracias por darlle ós interruptores, quedara dormido e a luz despertoume.
Pero agora si, xa case estamos listos para comezar, seguide atentos ó blog 😜.