venres, 6 de outubro de 2023

Comezamos de novo

 Bos días nenos, xa vin a vosa nota, pero xa sabedes que prefiro escribirvos por aquí. Por suposto que podemos ser amigos e agardo que este curso podamos rematar con isto e impedir o gran incendio que me trouxo ó colexio.

Pero tedes que ser pacientes, antes o voso profesor terá que ir facer unha misión a un país onde houbo un incendio enorme este ano, a Canadá, a ver se trae boas ideas de alí.

Falaremos cando volva, saúdos e aproveitade ben as clases mentres tanto, porque necesitaredes saber moito para poderme axudar.