martes, 25 de abril de 2023

Despertando

 Bos días, amig@s! Estiven traballando arreo ata que quedei durmido, non sei nin durante canto tempo. A cuestión é que despertei porque me pitaban os oídos, sabedes que din que cando che pitan os oídos é porque están falando de ti?

Pois debe ser verdade, porque despois de despertar entrei en internet e atopei esta marabilla: 


Sodes uns xenios, dende o futuro xa podería ver se gañastes ou non, pero non vos quero fastidiar a sorpresa e para min sodes campeóns en calquera caso. Sexa como sexa, estou seguro de que o pasastes tan ben facendo o podcast que iso xa é premio para vós.

Así que, vexo que estades moi concienciados en acabar cos incendios e dádesme moitos ánimos para seguir traballando, cedo teredes noticias miñas cun novo reto.