martes, 25 de abril de 2023

Despertando

 Bos días, amig@s! Estiven traballando arreo ata que quedei durmido, non sei nin durante canto tempo. A cuestión é que despertei porque me pitaban os oídos, sabedes que din que cando che pitan os oídos é porque están falando de ti?

Pois debe ser verdade, porque despois de despertar entrei en internet e atopei esta marabilla: 


Sodes uns xenios, dende o futuro xa podería ver se gañastes ou non, pero non vos quero fastidiar a sorpresa e para min sodes campeóns en calquera caso. Sexa como sexa, estou seguro de que o pasastes tan ben facendo o podcast que iso xa é premio para vós.

Así que, vexo que estades moi concienciados en acabar cos incendios e dádesme moitos ánimos para seguir traballando, cedo teredes noticias miñas cun novo reto.

martes, 11 de abril de 2023

Coelliño

 Boas, non teño moito novo que dicirvos, pero chegoume un sinal dun coelliño saltando pola vosa aula, deberiades investigalo!