Moitas grazas, rapaces! Salvástesme a vida! Supoño que estariades impacientes por saber de min, estoi moi ben, só estiven moi ocupado tratando de resolver o enigma de como evitar o gran incendio do meu tempo. Aínda non din coa solución, pero xa estou máis preto, seguídevos preparando cos profes, porque necesitaredes todo o coñecemento que poidades aprender.
Moi pronto teredes o segundo desafío, así que seguide atentos ó blogue, porque mañá ou pasado dareivos instruccións por aquí.