luns, 8 de setembro de 2025

Nova misión: O cole dos teus soños

Por fin estou de volta amiguiños, moitas grazas pola vosa labor, xa vedes canto podemos aprender da memoria das aldeas do Courel!
Recordades todas as ideas que tivestes o curso pasado para a vosa aula? Por fin se van ir facendo realidade, baleirade as estanterías do recuncho de biblio da aula, porque a semana que vén teredes unha sorpresa.
E comezamos coa nova misión, que non é máis que unha continuación da anterior. E non vos conto máis, pero como vos imaxinaredes polo título desta publicación, a nosa misión vaise facer máis grande, que vos parece? Que pode ser?
Veña pasádeo ben en Samaín, que volveremos á carga moi cedo!