martes, 20 de xuño de 2023

Remata o curso

 Bos días, amiguiños:

Xa vai rematando para vós este curso no que tanto vos esforzastes, desfrutade moito das vacacións!

Aproveitade a cargar as pilas, porque cando volvades ídesme ter que seguir axudando. Sinto non tervos contado nada neste tempo, pero parece que a solución ó problema é un pouco máis complicada do que pensabamos.

Aprendestes moito sobre prevención de incendios e así quedou claro no podcast que fixestes, que ben merecía gañar o concurso, e no rap que ides cantar no festival. Pero hai algo que se nos escapa, o próximo curso teredes que seguir investigando e ben seguro que atoparemos unha boa solución.

De momento aproveitade o verán e desfrutade, aquí vos deixo uns deberes para facer durante as vacacións: